Isaac Díaz Pardo

octubre 14, 2011 § Deja un comentario

Pasan xa máis de dous anos dende que grazas a Alfonso Mato e guiados por Isaac Díaz Pardo varios amigos tivemos a oportunidade de visitar o Instituto Galego de Información. Hoxe e logo de dubidar moito, permítome compartir algunha das imaxes tomadas naquela visita chamando a atención sobre as cadeiras deseñadas e fabricadas polo creador do Laboratorio de formas de Sargadelos.

É doado atopar no IGI un inxenuo deseño de asento que se adapta a diferentes situacións incorporando brazos ou cambiando o seu tapizado. Aparece nos despachos, no auditorio e mesmo na cantina. Realizadas mediante potentes táboas de madeira atornilladas a tope unhas contra as outras dun xeito básico e expresivo. As táboas son de piñeiro do país e adoitan o característico corte diagonal que afina a peza ao cegar ao chan facendo máis doado evitar que o conxunto asente mal. Lembran estos cortes ós bancos tradicionáis galegos, formados mediante táboas que se unen sen alarde de ningún tipo e sobre as que se fai un corte en pico.

A sua peza máis difundida é coñecida como a cadeira antropomórfica e foi montada en 1958. Neste caso atopámonos ante un deseño que busca conscientemente a innovación. Realizada en castiñeiro e fundición, a súa forma está cargada de intencionalidade. Máis aló do seu perfil de home sedente, a rusticidade das pezas que a componen e os acabados lembran certos aperos tradicionáis. A particular redondez obtida polo desgaste do uso e as dimensións excesivas propias dos útiles agrarios caracterizan as curvas desta peza, curvas que pouco teñen que ver coas que usa o ebanista para alixerar o aspecto do moble e demostrar o súa habilidade. O uso da fundición dúctil amartelada que cose pezas simétricas lembra a construcción de certos aperos tradicionais. Xunto a esta peza atópase unha mesa poucas veces reseñada e cuxas patas lembran os máis innovadores deseños dos anos cincuenta e sesenta.

Dous anos despois imaxino as sillas de Isaac abandoadas nese espacio sitiado que é o IGI. Mobles feitos á medida do seu autor, de reducidas dimensións e que inducen unha posición reflexiva e próxima á terra.

Imáxenes e texto: Elías Cueto

Anuncios

¿Dónde estoy?

Actualmente estás explorando las entradas etiquetadas con Isaac Díaz Pardo en Nº 313 [sillas...].